Photographer dreams by 〽 ichel

Photographer dreams by 〽 ichel

Menú

El Arte de saber mirar

La especial visión del fotografo

El orden de las entradas es cronológico y no pretende transmitir ningún mensaje o concepto ni ser una muestra de mis mejores fotografías, sin más es el lugar donde voy publicando las fotografías que estoy haciendo en ese momento, y que da cuenta de mi evolución fotográfica (para bien o para mal).
O Apalpador

O Apalpador

O APALPADOR. Figura máxica do Nadal galego


O Apalpador. Descubre a figura máxica do nadal galego

Seguro que todas e todos vós coñecedes aos Reis Magos ou a Papa Noel. Centos de figuriñas e recreacións recórdannos que o 25 de decembro e o 6 de xaneiro visitan as nosas casas polas noites para deixar unha serie de agasallos se durante o ano un se portou ben.

As panxoliñas máis escoitadas nos medios e nos comercios tamén fan referencia a eles, ademáis de a motivos relixiosos, e adoitan representar unha realidade algo distinta das nosas tradicións.

Aínda así, nos últimos anos estase a recuperar a figura dun mítico xigante que visita aos máis pequenos da casa nestes días de nadal, un feito que queremos poñer en valor e dar a magnitude que merece.

Cantos de vós coñecedes en profundidade ao carboeiro máis senlleiro do nadal galego?

Desde Orgullo Galego queremos aportar o noso gran de area na recuperación das figuras mitolóxicas e tradicionais da Galiza, neste caso a do Apalpador.

Recreación do Apalpador,

Neste artigo falamos de...

Quen é o Apalpador?De onde é propio o Apalpador?Cando aparece o Apalpador?O Apalpador na cultura tradicional galegaA recuperación do Apalpador no século XXIQuen é o Apalpador?

O noso Apalpador é un xigante con barba e cabelo roxo que cobre cun pucho e cuxo oficio é o de carboeiro. É un pastor bonachón, de gran bandullo, mirada doce e longas pernas coas que percorre as diferentes comarcas do país.

Durante as datas de Nadal baixa das montañas nas que vive até as aldeas coa intención de apalpar. É dicir, tocar as barrigas dos nenos e das nenas para comprobar se están ben mantidas e nese ano non pasaron fame.

O Apalpador vixía o sono dos máis pequenos da casa, desexándolles un bo aninovo e deixándolles como agasallo unha presa de castañas quentes.

Deste xeito o Apalpador vive na memoria dos nenos, e non tan nenos, de moitas zonas de Galiza caracterizado cunha pipa e a súa típica vestimenta chea de farrapos e remendos.

Recreación do Apalpador, por rphotographybymichel.simdif.com De onde é propio o Apalpador?

Segundo as testemuñas que puideron chegar até nós dos maiores, o Apalpador mora na lembranza das aldeas da zona leste de Galiza, é dicir, nas comarcas dos Ancares, do Bierzo, Quiroga, Terras de Lemos, Terra de Trives e Sarria.

O Apalpador vive nas devesas das montañas galegas, onde aproveita a madeira para facer carbón.

O nome que recibe este peculiar carboeiro varía segundo o lugar. Así, por exemplo, mentres que na zona de Monforte de Lemos é coñecido como Apalpa-Barrigas, o vocábulo rexistrado na comarca da Terra de Trives é Pandigueiro.

O Nadal do Courel é un dos que mellor conservan a tradición do Apalpador.Cando aparece o Apalpador?

Conta a lenda que baixa a noite do 24 ou 31 de decembro, segundo a aldea, visitar aos máis cativos da casa. Esta noite abandona os altos cumios e as frondosas devesas nas que vive todo o ano para visitar aos nenos.

Durante o resto do ano vive dos froitos silvestres, caza algún que outro animal, recolle o mel e fai aparecer diferentes xoguetes que as madeiras do bosque esconde.

Figura do Apalpador na decoración do Nadal compostelán de 2015O Apalpador na cultura tradicional galega

O Apalpador é unha figura moi precisa no frío inverno galego. É un carboeiro, isto é, tronza as árbores é subministra o lume, deixando calor e luz nos fogares das zonas máis agrestes do país.

Ademais é doador de castañas, unha das principais fontes de alimento do noso pobo até épocas bastante recentes. En consecuencia, o Apalpador posúe un cúmulo de virtudes que aseguran a fartura dos pícaros, a protección da friaxe da invernía e a boaventura dos fogares de montaña, onde os meses de nadal son especialmente duros.

A baixada desde os montes até as aldeas do xigante causaba unha gran excitación entre as crianzas, polo que os patróns cantaban panxoliñas para que os nenos non buligasen e conseguisen durmir, como esta cantiga recollida na Serra do Courel:

Vaite logo meu meniño,
marcha agora pra camiña,
que vai vir o Apalpador
a apalparche a barriguiña.

Xa chegou o día grande,
día do noso señor.
Xa chegou o día grande,
e virá o Apalpador.

Mañá é día de cachela,
que haberá gran nevarada
e ha vir o Apalpador
cunha mega de castañas.

Por aquela cemba
xa ven relumbrando
o señor Apalpador
para darvos o aguinaldo.

Canto popularO Apalpador baixou ver os nenos de Compostela o pasado Nadal de 2018, como ben seguro fará este ano.A recuperación do Apalpador no século XXI

A tradición do Apalpador estivo a piques de desaparecer no século XX por un cúmulo de razóns diversas. E non foi a única, tamén tradicións moi semellantes doutras personaxes do nadal no Estado Español estiveron e están ameazadas.

Por unha banda a emigración masiva desde o rural do noso país cara as Américas e Europa diminuiu a poboación nesas comarcas e dificultou a transmisión xeracional das tradicións.

Relacionado con isto, a volta de milleiros de emigrantes galegos de países como Alemaña, Bélxica, Inglaterra, Holanda ou Suíza fixo que importasen certas tradicións que tiñan neses lugares de orixe, como viña sendo a figura de Papa Noel.

Ademáis, hai que ter en conta outra tradición fortemente arraigada até ben entrado o século XX, como son os Magos de Oriente. Na Galiza sobrevive a imaxe dos Reis traendo os agasallos que os máis nenos lles pediron previamente nas súas cartas.

Todo isto unido á negación histórica dos nosos rasgos culturais, á liquidación calculada de todo tipo de tradición e á presión publicitaria de grandes empresas foráneas, puxeron a este xigante bonachón en risco real de desaparición.

Non obstante, desde a década pasada desenvólvense diferentes iniciativas desde o movemento asociativo popular e algunhas institucións que procuran recuperar esta entrañable personaxe do Nadal galego.

Finalmente os tempos mudaron, e con eles os agasallos que o Apalpador deixa aos pícaros, pasando dunha presa de castañas os nosos avós até os xoguetes e brinquedos os nosos fillos. Porén, a función é a mesma: o Apalpador leva a ilusión e o espírito do Nadal a milleiros de fogares do noso país

rphotographybymichel.simdif.com

rphotographybymichel. simdif. com
X